AGADEA - Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago

Novas

AGADEA CELEBRA A PROXIMA SEMANA A 3ª SESIÓN DA ESCOLA DE FAMILIAS

A vindeira semana celebrarase o 3ª Sesión da Escola de Familias este ano co nome " A fisioterapia Dia a Día".
Este comezou a impartirse o pasado mes de Novembro, e está dirixido a formación de coidadores de persoas con Alzheimer e outras Demencias.

Celebrarase o día 23 as 19:00h no Centro de Día de Alzheimer de Ribeira, e tamén o xoves día 26 as 18:00h na sede Social de AGADEA en Santiago de Compostela.

O tema a tratar nesta 3ª Sesión é o seguinte:Exercicios para protexer o corpo do coidador: respiración, movilización, potenciación e estiramentos.


AGADEA participa no XIV Congreso Estatal de Voluntariado

O Pasado 29,30 de Novembro e 1 de Decembro celebrouse na cidade de A Coruña no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (PALEXCO) o XIV Congreso Estatal de Voluntariado.

AGADEA participou, xunto con outras Entidades de Voluntariado, colocando un Stand Informativo. Nel expusose toda a labor que fan os voluntarios na asociación así como as actividades que esta leva acabo dende fai anos.


AGADEA CELEBRA A CHEGADA DO NADAL

O pasado 23 de decembro,AGADEA organizou un festival de Nadal no que participaron as usuarias e usuarios dos talleres de Estimulación Cognitiva, que AGADEA realiza diariamente, asi como as súas familias.

Tras a entrega duns agasallos realizados polos propios usuarios dos talleres; tiveron lugar as actuacións das Pandereteiras de Marantes e do Coro Solfa que encheron de música e ledicia ós asistentes.

Unha vez finalizadas as actuacións, os maiores degustaron doces típicos do Nadal en compaña dos seus familiares.


AGADEA celebra esta semana a 2ª sesión da Escola de Familias " A Fisioterapia Día a Día"

Durante esta semana celebrarase o 2ª Sesión da Escola de Familias este ano co nome " A fisioterapia Dia a Día".
Este comezou a impartirse o pasado mes de Novembro, e está dirixido a formación de coidadores de persoas con Alzheimer e outras Demencias.

Celebrouse no día de Onte no Centro de Día de Alzheimer de Ribeira, e celebrarase tamén o vindeiro xoves día 22 as 18:00h na sede Social de AGADEA en Santiago de Compostela.

O tema a tratar nesta 2ª Sesión é o seguinte: “Cambios posturales e movilizacións de persoas con movilidade reducida”.


A ENFERMIDADE DE ALZHEIMER " A FISIOTERAPIA DIA A DIA"

Por segundo ano consecutivo AGADEA vai comezar, neste mes de Novembro, unha nova edición da
" Escola de Familias", un programa de formación para os familiares de persoas con Alzheimer e outras Demencias.

Esta actividade vaise levar a cabo tanto en Santiago de Compostela como en Ribeira, no centro de día de Alzheimer que AGADEA xestiona nesta localidade. Este programa de formación realizarase unha vez ao mes, e a sua duración é de oito meses.


AGADEA ORGANIZA O SEU PRIMEIRO RASTRILLO BENÉFICO

O pasado 27 de Outubro AGADEA realizou na Praza do Toural de Santiado de Compostela o seu Primeiro Rastrillo Benéfico en favor das persoas que sufren Alzheimer ou algún outro tipo de Demencia.
Esta actividade contou con un gran apoio por parte da poboación que se aproximaba ata o posto,mostrandose en todo momento moi sensibilizados con este colectivo de persoas e do traballo que se está a facer de cara a el.


Curso "Abordaxe Multidisciplinar para coidadores/as" no Concello de Teo

AGADEA levará a cabo do 24 ó 28 de Outubro e do 2 ó 4 de Novembro de 2011 o curso de "Abordaxe Multidisciplinar para coidadores/as" en colaboración co Concello de Teo.
Este terá lugar na Casa Común,A Igrexa (Calo).
Para máis información sobre contidos e forma de inscripción, consultar os documentos adxuntos.



CHARLA EN COLABORACIÓN CO CENTRO DE DÍA DE LAIÑO

O 22 de Setembro , no Centro de Día de Laiño, en Dodro, levamos a cabo unha charla dirixida a familiares e coidadores dos usuarios de dito centro. Baixo o título, "COMUNICACIÓN EN DEMENCIAS Y MANEJO DE TRASTORNOS DEL COMPORTAMIENTO", os asistentes tiveron a oportunidade de afondar un pouco máis nas características da convivencia con este tipo de pacientes, nos problemas de comunicación e nos cambios que afrontamos con esta problemática.


CELEBRAMOS O PRIMEIRO ANIVERSARIO DO NOSO CENTRO EN RIBEIRA

O 9 de setembro, ás 12 da mañá, celebramos o noso primer ano. Para festexar este feito invitamos ás familias dos 30 usuarios que actualmente asisten ó centro. Ademáis, contamos ca presencia de Vicente Mariño, edil de Asuntos Sociais, quen puido contemplar unha mostra dos obxectos confeccionados polos nosos usuarios e dúas representantes de Servicios Sociais do concello (traballadoras Sociais). Usuarios e familiares escoitaron atentamente o discurso inaugural do director do Centro, Pablo Mirás, e a Presidenta da Asociación, Isabel Gey.


Charla sobre a prevención do Alzheimer en Santiago e Ribeira

Baixo o título "Reserva cognitiva: mecanismos ó noso alcance para retrasar a aparición da demencia", nesta charla pretendense expoñer os últimos anos de investigación sobre os mecanismos que permiten facer fronte ós avances desta doencia.
O ponente, Unai Díaz Orueta, é Doutor en Psicoloxía Clínica pola Universidade de Deusto, ademais de investigador na Fundación Instituto Gerontológico Matia – Ingema, e responsable da liña de investigación DFENS para a detección de factores que favorecen un envellecemento cognitivo saudable.


©2012 AGADEA Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago
Salgueiriños de abaixo, no 15
Santiago de Compostela (A Coruña)
981 595 738
Desarrollo web Coingal Sistemas de Información