Prevención

Envellecemento Activo

AGADEA desenvolve o programa Envellecemento Activo que pretende ampliar a esperanza de vida activa e saudable das persoas maiores contribuíndo a aumentar o máximo posible a súa autonomía. Esta estimulación, que se leva a cabo a través de distintos talleres, é a ferramenta máis eficaz coñecida ata esta data para previr ou ralentizar a aparición dunha demencia. Nestas mesmas sesións realízase tamén  unha campaña de detección de demencias. En caso positivo estas persoas son desviadas aos servizos de estimulación terapéutica.

SANTIAGO. Centro sociocultural do Ensanche. Martes de 16.30h a 18.00h / 18.00h a 19.30h / 19.30h a 21.00h.
RIBEIRA. Centro de día. Luns 10.30h a 12.00h. Mércores 10.00h a 11.30h e 11.30h a 13.00h.
TEO. Vilar de Calo. Local da asoación de veciños o Cachón. Mércores de 18.30 a 19.30h.
VEDRA. Centro sociocultural da Terceira Idade. Xoves de 17.30h a 18.30h.
A ESTRADA. Centro de día Edf. Novo Mercado. Mércores de 16.00h a 17.00h.

Activar e mellorar o rendemento das capacidades cognitivas nas persoas que se atopan en grupos de risco de aparición de demencia para contribuír ao mantemento/recuperación e que promovan un envellecemento activo e saudable.
Favorecer a comprensión do propio envellecemento como unha fase do ciclo vital humano.
Ofrecer unha alternativa de participación e relacións sociais.
Diminuír os niveis de ansiedade e confusión dos asistentes.
Estimular os procesos cognitivos: memoria, atención, concentración, visualización e repetición que favorezan a neurotransmisión cerebral.
Diminuír a frecuencia de esquecementos e «despistes» na vida diaria.
Conseguir unha mellora do rendemento da memoria aplicable ás actividades instrumentais da vida diaria.
Identificar e valorar a aparición de síntomas asociados a trastornos neurodexenerativos.

Este proxecto está dirixido a persoas maiores de 60 anos, que non sufran deterioro cognitivo e que estean interesadas en previr a perda de memoria ou outras capacidades intelectuais coma consecuencia do envellecemento.

ANO 2017 – 78 persoas atentidas
ANO 2018 – 130 persoas atendidas
ANO 2019 – 134 persoas atendidas