QUEN SOMOS
O 25 de marzo do 1994 nace en Santiago de Compostela a primeira Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Azlhéimer (AGADEA). Somos unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas usuarias, familiares, profesionais e voluntarios que traballan por mellorar a calidade de vida dos afectados (enfermos e coidadores) pola enfermidade de Alzheimer e doutras demencias. Para iso, ofrecemos recursos, servizos e actividades que cubren as necesidades que van xurdindo nas diferentes etapas.
AGADEA está presente nos concellos de Santiago, Ribeira, Vedra, Teo e na Estrada Nestes momentos ofrece servizo directo a preto de 500 persoas.
A QUEN NOS DIRIXIMOS?
• Persoas maiores sen deterioro cognitivo
• Persoas con deterioro cognitivo
• Persoas con demencias neurodexenerativas (enfermidade de Alzheimer, frontotemporal, cuerpos de Lewy, etc.)
• Familias e persoas coidadoras
• Profesionais
• Medios de Comunicación e Poboación en Xeral.
A nosa misión principal é impulsar a atención integral e especialidaza mediante a planificación, organización e coordinación de programas e servizos de calidade a través dunha estructura dinámica, sólida, transparente e participativa. Lévamolo a cabo a través de catro vertentes:
• PREVENCIÓN. Actividades de prevención dirixidas a persoas maiores.
• ESTIMULACIÓN. Servizos de estimulación terapéutica (tratamentos non farmacolóxicos) dirixidos aos enfermos
• APOIO. Asesoramento, apoio e formación dirixido a familiares, cuidadores e profesionais
• SENSIBILIZACIÓN. Visibilizar as demencias e o seu impacto na contorna familiar e social dirixido á cidadanía.
Traballar día a día para ofrecer unha resposta rápida e positiva as familias.
Prestar un apoio de calidade basado na profesionalidade dos nosos traballadores. Facelo con coherencia, compromiso e ética profesional.
Conseguir un sistema de desenvolvemento humano e de planificación estratéxica forte, flexible e motivadora, cumprir os fins estatutarios e a consolidación como unha estructura dinámica, aberta e participativa que sirva de referente no ámbito de atención ás demencias.
A solidariedade, entendida como base do traballo de esta Asociación e pola cal se debe definir a política social no ámbito das persoas con Alzheimer e outras demencias.
Empatía, tanto polas persoas enfermas como polos seus familiares.
Ética, nas actuacións de cada profesional e membros da Xunta Directiva.
७ Prestar asistencia psicolóxica individualizada e moral aos familiares.
७ Asesorar aos familiares en materias legais, sociolóxicas e económicas.
७ Proporcionar e difundir nos medios de comunicación todo o que faga referencia ao posible diagnóstico da enfermidade e terapia da mesma.
७ Facilitar, mellorar e controlar a asistencia ás persoas para incrementar a súa calidade de vida o máximo posible.
७ Estimular os estudos sobre a incidencia, evolución terapéutica e posible etioloxía da enfermidade.
७ Instar aos diversos estamentos públicos a prestar unha maior atención ás persoas enfermas de Alzheimer así como os seus familiares.
७ Manter os contactos axeitados con entidades e asociacións adicadas ao estudo da enfermidade, dentro e fóra de España, co propósito de estar ao día nos avances científicos que se produzan nesta materia, e así poder informar aos familiares.
– No ano 2008 AGADEA é declarada de utilidade pública, nº 2698/SD.
– No ano 2015 comeza a desenvolver terapias de estimulación terapeútica.
– No ano 2010 comeza a xestionar no concello de Ribeira o Centro de día de Alzhéimer e outras Demencias Neurodexenerativas da rede pública galega de Alzhéimer.
– No ano 2019 abre o primeiro Centro de día para persoas maiores do concello da Estrada, xestionado por AGADEA
– No ano 2020 abre o primeiro Centro de día de AGADEA en Santiago de Compostela
AGADEA está rexistrada nos seguintes rexitros:
– Rexistro Nacional de Asociacións – Ministerio de Xustiza e Interior, 1994. Nº-135158
– Rexistro Central de Asociacións – Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, 2004.Nº-7532
– Rexistro Municipal de Asociacións – Concello de Santiago de Compostela, 2005. Nº- 393
– Rexistro entidades prestadoras de servizos sociais. Consellería de Asuntos Sociais, emprego e relacións laborais.2005. Nº AS-818.
AGADEA foi declarada entidade de utilidade pública o día 21 de maio do ano 2008 conforme o artigo 32 da Ley Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación. Esta decisión ratificouse no BOE do 3 de xuño de 2008 como poden comprobar no ficheiro adxunto
O 12 de marzo do 2013 outorgouselle ao Centro de día de Alzhéimer de Ribeira a autorización sanitaria de funcionamento, así como a acreditación de inscrición no rexistro de Centros, servicios e establecementos sanitarios co número C-15-002952 por parte da Conselleríade sanidade da Xunta de Galicia.
AGADEA, que ven xestionando dende xullo de 2010 o Centro de día de Alzhéimer de Ribeira, presenta a Política de Calidade pola que se rixe dito Centro. Esta política persegue unha mellora continua nos servizos e programas que se ofrecen dende o Centro, tanto ás persoas usuarias como ás súas familias.
O Centro de día de Alzhéimer de Ribeira acadou no 2013 a CERTIFICACIÓN DE CALIDADE ISO 9001:2008, rexistrada coa seguinte clave: EC-7544/13. ALCANCE: «GESTIÓN INTEGRAL DEL CENTRO DE DÍA PARA EL CUIDADO Y ATENCIÓN DE USUARIOS AFECTADOS POR ALZHEIMER Y OTRAS DEMENCIAS NEURODEGENERATIVAS»
Ademais foi recoñecido, tamén neste ano, como CENTRO DE SERVIZO SANITARIO Nº: C-15-002952.
AUTONÓMICA: AGADEA forma parte de FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias) xunto con 12 asociacións máis.
ESTATAL: A nivel estatal, todas estas asociación forman parte de CEAFA (Confederación Española de Asociacións de Familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias)
