Servizo de Estimulación Terapéutica de Trazo
Trazo
Local de usos múltiples
Viaño Pequeno
Trazo (A Coruña)
T. 647 589 725
agadea@agadea.org
HORARIO
LUNS E MÉRCORES
16.00 a 20.O0 horas
AGADEA, vén realizando en Trazo un Servizo de Estimulación Terapéutica dende o ano 2021 en colaboración co concello.
A quen vai dirixido?
A persoas que teñen a enfermidade de Alzheimer ou outra demencia en fase leve ou moderada e que conviven coa súa familia.
Que se fai?
• As actividades de estimulación cognitiva céntranse en diversas áreas como: a orientación á realidade, a linguaxe, a memoria, as praxes e o recoñecemento perceptivo.
• A psicomotricidade é a capacidade ou facultade que permite, facilita e potencia o desenvolvemento perceptivo físico, psíquico e social da persoa a través do movemento.
• Estimulación das actividades básiczas da vida diaria
• Programa de animación sociocultural (ludoterapia)
• Programas interxeneracionais.
Obxetivo:
Este programa ten como finalidade proporcionar tratamento non farmacolóxico para enlentecer os síntomas da enfermidade e manter as capacidader funcionáis durante o maior tempo posible, mellorando desta maneira a autonomía e autoestima da persoa usuaria.
Profesionais implicados.
Este programa estivo dirixido polo equipo multidisciplinar:
-Tasoc
-Xerocultoras