BASES DO PREMIO DE LITERATURA INFANTIL SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHEIMER 2024

O secretario xeral de Política Ligüística, Valentín García, acompañado da presidenta de AGADEA ALZHEIMER, Isabel Gey e os escritores, Francisco Castro e Ánxela Gracián, presentaron hoxe en Santiago de Compostela a III edición do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer.

O obxectivo deste premio é sensibilizar e dar o coñecer o Alzhéimer entre a cativada así como establecer vínculos, a través da literatura, entre as distintas xeracións. A entidade AGADEA ALZHEIMER considera necesario ofrecerlle á cativada as ferramentas para entender a doenza e que ser capaces de adaptarse a ela e desfrutar da relación cos avós ou persoas que estén pasando por esta situación.

A III edición do premio supón a consolidación dun corpus específico de literatura infantil que aborda esta problemática para facela máis comprensible aos máis novos, aos que se pretende “concienciar e educar e tamen gañar a súa solidariedade”.

A secretaria do premio, á escritora Ánxela Gracián, convidou a todos os escritores/as a participar neste premio que ten como consigna “tratar a temática do Alzhéimer e da memoria, as súas consecuencias nas familias e nos que as sofren, e que o fagan en calquera dos xéneros no que se sintan máis solventes escribindo”, apuntou.

“Porque se xa a participacion da convocatoria anterior acadou un número de orixinais moito máis que axeitado, tanto pola participacion como pola calidade, desexamos que ano a ano sexan máis as palabras literarias e por tanto os futuros libros que enfronten esta temática”, asegurou.

O xurado do Premio Simbad está composto polos escritores, Francisco Castro, que ademais é o presidencia ad honorem do mesmo, Ánxela Gracián, que actúa como secretaria do galardón,  Fina Casalderrey, Blanca-Ana Roig-Rechou e  Baldo Ramos.

A escritora Raquel Castro resultou gañadora da primeira edición coa obra” Sobremesa sobre Versos” e o accésit recaeu na obra ‘Cando o ávó esqueceu o seu nome’, da escritora santiaguesa, Rosalía Morlán. O escritor, Ignacio Vidal foi o gañador da segunda edición coa obra Sucos.

As dúas primeiras horas xa están publicadas e foron entregadas con dedicatorias dos maiores de AGADEA ás bibliotecas de ata 11 colexios. Entre eles o Divino Maestro, Raiña Fabiola e Cluny de Santiago, e o Heroína de Sálvora, Sagrado Corazón, Carreira, Palmeira, da zona do Barbanza. Tamén no colexio de Vedra e o do Foxo, o Cabada Vázquez, Figueiroa e Pérez Viondi, da Estrada.

Bases do premio 2024

O prazo de presentación de solicitudes iniciase hoxe día 5 de marzo de 2024 e remanta o 1 de xullo do 2024. A este certame poderanse presentar todos aqueles textos orixinais e inéditos pertencentes a calquera dos xéneros propios da literatura infantil dende novela, poesía, teatro, álbum ilustrado, banda deseñada e novela gráfica, escritos en lingua galega.

O xurado dará a coñecer o seu veredito en setembro, con motivo do Mes do Alzhéimer.  O galardón está dotado con 3000 €.

AGADEA, como está nas bases, comprará 100 exemplares, para a axuda á edición, que queda aberta a calquera editorial.

As bases do premio están dispoñibles na páxina web de AGADEA www.agadea.org, así como noutras plataformas habituais de referencia de premios.

AGADEA conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, así como co apoio das respectiva concellerías de Servizos Sociais e Educación dos concellos nos que AGADEA presta os seus servizos, como son o de Santiago de Compostela, Vedra, Trazo, A Estrada, Cuntis, e na zona do Barbanza (Ribeira, Rianxo, Boiro).

BASES DO PREMIO DE LITERATURA INFANTIL SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHEIMER 2024

Presentación do III premio de literatura infantil Simbad para o recordo e o Alzhéimer.