Cursos

II edición. 2022
Curso superior de atención especializada na enfermidade de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas
Parte Teórica do 10 de xaneiro ao 4 de marzo de 2022
150 horas teóricas
120 prácticas
Prezo 200€
150 para socios de AGADEA, estudantes e persoas en situación de desemprego
Con este curso lograrás desempeñar a túa profesión con todos os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para que o teu labor alcance a excelencia profesional. Obterás os fundamentos para realizar o teu labor coas bases científicas necesarias e as prácticas imprescindibles nunha entidade con máis de 25 anos de experiencia.
- Sesións teóricas en liña e a través de zoom
- Prácticas garantidas
- Profesores expertos
Curso incluído na Carteira de Servizos baixo ou epígrafe ‘0201 Carteira de servizos para persoas dependentes con Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas’: Todos os perfis profesionais identificados nesta carteira de servizos sociais para persoas con Alzhéimer e outras demencias deben ter unha formación mínima de 150 horas.
Curso recoñecido pola Xunta de Galicia de ‘Interese Sanitario para actos científicos’
- Adestrar os/as participantes do curso das ferramentas precisas para facer fronte aos coidados específicos a persoas que padecen Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.
- Capacitar aos alumnos/as na abordaxe multidisciplinar no diagnóstico e tratamento das demencias nos diferentes niveis asistenciais.
Cando unha persoa asume a responsabilidade de coidar a un enfermo gran dependente enfróntase a unha tarefa que non é doada. Para facela máis fácil é necesario adquirir a formación específica que permita artellar as respostas axeitadas en cada intre, tanto no eido dos coidados formais como informais.
O Curso superior de atención especializada na enfermidade do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas ten como obxectivo proporcionar a formación necesaria que precisan aquelas persoas que día a día traballan con persoas que pacezan esta patoloxía.
- Ao finalizar o curso o alumno será capaz de: coñecer en profundidade e todo o que implica a enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.
- Valorar e aplicar os aspectos máis beneficiosos para que as persoas con esta doenza manteña unha boa calidade de vida a nivel físico e emocional
- Axudar a preservar a saúde e o coidado das persoas con Alzhéimer.
- Desenvolver o amplo abanico de tarefas que poderá levar cabo como coidador profesional.
Está dirixido a profesionais, estudantes do sector sociosanitario e coidadores.
PARTE TEÓRICA
Do 10 de xaneiro ao 4 de marzo.
A parte teórica é ON-LINE, a través da plataforma de e-learning MOODLE instalada na web de AGADEA www.agadea.org, na pestaña de FORMACIÓN.
O día do inicio do curso o alumnado recibirá vía e-mail as claves para ter acceso á plataforma.
O temario está formado por 8 módulos. Cada módulo ten unha duración dunha semana. Un día á semana haberá unha clase por zoom. O alumnado poderá contactar co profesor median zoom, polo foto-chat da plataforma ou consultar dúbidas no mail: formacion@agadea.org
Os venres resolverase un caso práctico e deberá entregarse o exame da unidade.
PARTE PRÁCTICA
O curso ten 120 horas prácticas que son opcionais para aquelas persoas sen dispoñibilidade horaria por estar empregadas xa que o curso é a distancia. (deberán xustificalo)
As prácticas pódense realizar nas diferentes localizacións onde a asociación exerce a súa actividade (Santiago de Compostela, Ribeira e A Estrada, Vedra ou Teo), segundo a disponibilidade da entidade.
O módulo de fisioterapia conta con dúas horas de prácticas que se poden realizan en Santiago ou en Ribeira.
A data das horas prácticas determinarase máis adiante segundo dispoñibilidade de Agadea e do alumnado
MÓDULO I. Introdución á enfermidade do Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.
Adquirir aqueles coñecementos que se precisan acerca do Alzheimer e das diferentes tipoloxías de demencias existentes.
- Introducir aos/as alumnos/as na temática a impartir.
- Identificar e distinguir os diferentes tipos de demencias así como de diferencialas da enfermidade do Alzhéimer.
MÓDULO II. Familia e coidador familiar de persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.
Desenvolver no/a alumno/a os coñecementos necesarios acerca do rol que desempeñan as familias sobre as persoas que padecen a enfermidade do Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, así como as aptitudes e comportamentos de apoio moral ao coidador/a principal e coñecer o seu perfil.
MÓDULO III. Estimulación Cognitiva na Enfermidade de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas.
Adquirir aqueles coñecementos necesarios acerca da conceptualización da estimulación cognitiva así como as diferentes estratexias que a conforman e as recomendacións metodolóxicas precisas para poder desenvolvela.
MÓDULO IV. Comunicación e intervención en problemas de comportamento na enfermidade de alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.
Adquirir os coñecementos necesarios sobre a comunicación e os seus procesos así como comprender cómo se desenvolve a comunicación nos enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas e desenvolver estratexias para a súa mellora.
MÓDULO V. Intervención do Terapeuta Ocupacional con Persoas con Enfermediade de Alzhéimer e outras Demencias Neurodexenerativas.
Adquirir os coñecementos necesarios acerca do perfil do terapeuta ocupacional e desenvolver as aptitudes precisas para coñecer o papel que debe levar a cabo á hora de intervir con persoas con Enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.
MÓDULO VI. Aplicacións Prácticas de Fisioterapia en Alzhéimer e noutras Demencias Neurodexenerativas.
Adquirir os coñecementos precisos acerca dos cambios físicos na idade anciá así como as alteracións físicas en enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas; deberá adquirir tamén as competencias básicas sobre persoas con déficit de mobilidade e o masaxe básico.
MÓDULO VII Afectividade e Sexualidade na Vellez e na Enfermidade de Alzhéimer e outras Demencias Neurodexenerativas.
Coñecer as necesidades afectivas e os prexuízos sexuais existentes na vellez así como as condutas sexuais nas persoas enfermas de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas e o modo de intervir.
MÓDULO VIII Aspectos Sociais no Mundo Da Enfermidade de Alzhéimer e Outras Demencias Neurodexenerativas.
Adquirir os coñecementos necesarios no marco socioeconómico e legal da enfermidade do alzheimer e outras demencias neurodexenerativas e a súa contextualización
Docente: Dna. Andrea Muiños Monteagudo. Licenciada en Psicoloxía. Especializada en Psicoxerontoloxía. Psicóloga de Agadea.
Docente: Dna. Estefanía Calvelo Muñiz. Graduada en Terapia Ocupacional.
Docente: Dna. Adriana Curros Amboage. Diplomada en Fisoterapia. Fisioterapeuta no Centro de día Alzheimer de Ribeira.
Docente: Dna. Laura Somoza Moure. Graduada en Traballo Social.
Unha vez realizado e superados o examen entrégase un certificado expedido pola AGADEA ALZHEIMER.
CURSO COMPLETO 200 €
PREZO REDUCIDO: 150€ para socios/as de Agadea, persoas en desemprego, ERTE, estudantes e alumnado en prácticas. (deberán enviar xustificante)
Opcións de pago: pago único antes do comezo do curso, o 10 de xaneiro.
- Podes pagar por TRANSFERENCIA. Nº de conta: ES07 2080 0378 5730 4000 5297
No concepto do ingreso debes indicar o teu nome con apelidos e a continuación “ Curso Superior” (exemplo María Castro Curso Superior)
E mandar xustificante a formacion@agadea.org
- A través de Paypal
Mandar xustificante a formacion@agadea.org
Calquera dúbida, consúltanos en formacion@agadea.org
O prazo de inscrición está aberto ata o 27 de decembro de 2021
Para inscribirse é necesario cubrir o FORMULARIO DE INSCRICIÓN (pulsa aquí)
A formacion@agadea.org
CURSO SETEMBRO 2021.

Curso superior de atención especializada na enfermidade de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas
5 abril ao 28 de maio
150 horas teóricas
120 prácticas
Edición I. Ano 2021
Con este curso lograrás desempeñar a túa profesión con todos os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para que o teu labor alcance a excelencia profesional. Obterás os fundamentos para realizar o teu labor coas bases científicas necesarias e as prácticas imprescindibles nunha entidade con máis de 25 anos de experiencia.
- Sesións teóricas en liña e a través de zoom
- Prácticas garantidas
- Profesores expertos
Curso incluído na Carteira de Servizos baixo ou epígrafe ‘0201 Carteira de servizos para persoas dependentes con Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas’: Todos os perfis profesionais identificados nesta carteira de servizos sociais para persoas con Alzhéimer e outras demencias deben ter unha formación mínima de 150 horas.
Curso recoñecido pola Xunta de Galicia de ‘Interese Sanitario para actos científicos’
- Adestrar os/as participantes do curso das ferramentas precisas para facer fronte aos coidados específicos a persoas que padecen Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.
- Capacitar aos alumnos/as na abordaxe multidisciplinar no diagnóstico e tratamento das demencias nos diferentes niveis asistenciais.
Cando unha persoa asume a responsabilidade de coidar a un enfermo gran dependente enfróntase a unha tarefa que non é doada. Para facela máis fácil é necesario adquirir a formación específica que permita artellar as respostas axeitadas en cada intre, tanto no eido dos coidados formais como informais.
O Curso superior de atención especializada na enfermidade do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas ten como obxectivo proporcionar a formación necesaria que precisan aquelas persoas que día a día traballan con persoas que pacezan esta patoloxía.
- Ao finalizar o curso o alumno será capaz de: coñecer en profundidade e todo o que implica a enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.
- Valorar e aplicar os aspectos máis beneficiosos para que as persoas con esta doenza manteña unha boa calidade de vida a nivel físico e emocional
- Axudar a preservar a saúde e o coidado das persoas con Alzhéimer.
- Desenvolver o amplo abanico de tarefas que poderá levar cabo como coidador profesional.
Está dirixido a profesionais, estudantes do sector sociosanitario e coidadores non profesionais.
PARTE TEÓRICA
Do 5 de abril ao 28 de maio.
A parte teórica é ON-LINE, a través da plataforma de e-learning MOODLE instalada na web de AGADEA www.agadea.org, na pestaña de FORMACIÓN.
O día do inicio do curso o alumnado recibirá vía e-mail as claves para ter acceso á plataforma.
O temario está formado por 8 módulos. Cada módulo ten unha duración dunha semana. Os xoves antes do caso práctico e do exame o alumnado poderá contactar co profesor median zoom, polo foto-chat da plataforma ou consultar dúbidas no mail: formacion@agadea.org
Os venres resolverase un caso práctico e deberá entregarse o exame da unidade.
PARTE PRÁCTICA
O curso ten 120 horas prácticas que son opcionais para aquelas persoas con imposibilidade de mobilidade xeográfica ou falla de dispoñibilidade horaria por estar empregadas xa que o curso é a distancia .
As prácticas pódense realizar nas diferentes localizacións onde a asociación exerce a súa actividade (Santiago de Compostela, Ribeira e A Estrada, Vedra ou Teo).
O módulo de fisioterapia conta con dúas horas de prácticas que se poden realizan en Santiago ou en Ribeira.
A data das horas prácticas determinarase máis adiante segundo dispoñibilidade de Agadea e do alumnado.
MÓDULO I. Introdución á enfermidade do Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.
Adquirir aqueles coñecementos que se precisan acerca do Alzheimer e das diferentes tipoloxías de demencias existentes.
- Introducir aos/as alumnos/as na temática a impartir.
- Identificar e distinguir os diferentes tipos de demencias así como de diferencialas da enfermidade do Alzhéimer.
MÓDULO II. Familia e coidador familiar de persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.
Desenvolver no/a alumno/a os coñecementos necesarios acerca do rol que desempeñan as familias sobre as persoas que padecen a enfermidade do Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, así como as aptitudes e comportamentos de apoio moral ao coidador/a principal e coñecer o seu perfil.
MÓDULO III. Estimulación Cognitiva na Enfermidade de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas.
Adquirir aqueles coñecementos necesarios acerca da conceptualización da estimulación cognitiva así como as diferentes estratexias que a conforman e as recomendacións metodolóxicas precisas para poder desenvolvela.
MÓDULO IV. Comunicación e intervención en problemas de comportamento na enfermidade de alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.
Adquirir os coñecementos necesarios sobre a comunicación e os seus procesos así como comprender cómo se desenvolve a comunicación nos enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas e desenvolver estratexias para a súa mellora.
MÓDULO V. Intervención do Terapeuta Ocupacional con Persoas con Enfermediade de Alzhéimer e outras Demencias Neurodexenerativas.
Adquirir os coñecementos necesarios acerca do perfil do terapeuta ocupacional e desenvolver as aptitudes precisas para coñecer o papel que debe levar a cabo á hora de intervir con persoas con Enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.
MÓDULO VI. Aplicacións Prácticas de Fisioterapia en Alzhéimer e noutras Demencias Neurodexenerativas.
Adquirir os coñecementos precisos acerca dos cambios físicos na idade anciá así como as alteracións físicas en enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas; deberá adquirir tamén as competencias básicas sobre persoas con déficit de mobilidade e o masaxe básico.
MÓDULO VII Afectividade e Sexualidade na Vellez e na Enfermidade de Alzhéimer e outras Demencias Neurodexenerativas.
Coñecer as necesidades afectivas e os prexuízos sexuais existentes na vellez así como as condutas sexuais nas persoas enfermas de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas e o modo de intervir.
MÓDULO VIII Aspectos Sociais no Mundo Da Enfermidade de Alzhéimer e Outras Demencias Neurodexenerativas.
Adquirir os coñecementos necesarios no marco socioeconómico e legal da enfermidade do alzheimer e outras demencias neurodexenerativas e a súa contextualización
Docente: Dna. Alba Felpete López. Licenciada en Psicoloxía . Psicóloga de Agadea.
Docente: Dna. Lucía Fandiño. Graduada en Traballo Social. Coordinadora Centro de día Salgueiriños, de Santiago.
Docente: Dna. Iria Piñeiro Silva. Graduada en Terapia Ocupacional. Terapeuta Ocupacional no Centro de día de persoas maiores da Estrada.
Docente: Dna. Adriana Curros Amboage. Diplomada en Fisoterapia. Fisioterapeuta no Centro de día Alzheimer de Ribeira.
Docente: Dna. Sonia Castro Aboy. Graduada en Traballo Social. Coordinadora do Centro de día de persoas maiores da Estrada.
Unha vez realizado e superados o examen entrégase un certificado expedido pola AGADEA ALZHEIMER.
CURSO COMPLETO 200 €
PREZO REDUCIDO: 150€ para socios/as de Agadea, persoas en desemprego, ERTE, estudantes e alumnado en prácticas. (deberán enviar xustificante)
Opcións de pago: pago único antes do comezo do curso, o 5 de abril.
- Podes pagar por TRANSFERENCIA. Nº de conta: ES07 2080 0378 5730 4000 5297
No concepto do ingreso debes indicar o teu nome con apelidos e a continuación “ Curso Superior” (exemplo María Castro Curso Superior)
E mandar xustificante a formacion@agadea.org
- A través de Paypal
Mandar xustificante a formacion@agadea.org
Calquera dúbida, consúltanos en formacion@agadea.org
O prazo de inscrición está aberto entre o 17 de marzo e o 28 de marzo. (ambos inclusive)