Dende o sábado, 𝟐𝟎 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐥, as 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐞𝐧 𝐬𝐢𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐝𝐞𝐩𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐨𝐮 𝐜𝐨𝐧 𝐝𝐢𝐬𝐜𝐚𝐩𝐚𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 poderán solicitar as axudas do Programa Respiro familiar. O programa conta con varias modalidades, para 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐝𝐞𝐬𝐞𝐧𝐯𝐨𝐥𝐯𝐚𝐧 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝐨 𝟏 𝐝𝐞 𝐱𝐚𝐧𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐞 𝐨 𝟐𝟐 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟒.:
PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR
ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro Familiar para persoas coidadoras e se procede, á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG Nº78 do 19 de abril de 2024).
Modalidades de axuda e contía
RESPIRO NO FOGAR:
• Achega para contribuír ao pago do servizo de atención a domicilio atendendo necesidades puntuais, concretas en tempo definido.
• Ata 1000€ por beneficiario/a ano.
RESPIRO NO CENTRO DE DÍA:
• Achega para contribuír ao pagamento do servizo de atención no centro de día para atender ás necesidades puntuais.
• Ata 1000€ por beneficiario/ a ano.
RESPIRO NO CENTRO RESIDENCIAL
• Achega para contribuír ao pago da residencia ante unha necesidade puntual.
• Acceso temporal nun centro residencial dotado dos recursos necesarios para prestarlle unha atención integral.
• Ata 1500€ por beneficiario/a
A QUEN VAI DIRIXIDO?
• Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de maneira continuada a unha ou máis persoas:
o Con discapacidade
o En situación de dependencia
o En situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria.
REQUISITOS
- Que a persoa coidadora ou a persoa sexa residente na Comunidade Autónoma Galega
ENCONTRARSE NALGUNHA DESTAS SITUACIÓNS
- Discapacidade física, psíquica ou mental recoñecida nun porcentaxe igual ou superior ao 75%, con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria
- Recoñecemento da situación de dependencia no grao II ou III
- No caso de non estar en ningunha situación das anteriores, presentarase dunha situación de necesidade de terceiros, acreditada mediante un informe médico ou social.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Anexo I da solicitude
- Copia do contrato da prestación do servizo
- Anexo II comprobación datos de 3ªs persoas
- Anexo III Informe Social/Informe médico no caso de que non exista resolución grao de dependencia.
- Documento xustificativo da situación de respiro da persoa coidadora.
- Declaración ou documento que acredite o vínculo familiar da persoa solicitante coa persoa.
- Serán subvencionables gastos comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 22 de novembro de 2024.
- Comparable con outras subvencións, axudas e ingresos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado.
Forma, lugar e prazo
• Preferiblemente por vía electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=BS614B
• Prazo de presentación aberto ata: 21 de outubro de 2024
• Pago e xusficación da axuda: Data límite 22 de novembro de 2024
Documentación a presentar:
o Anexo IV
o Copia das facturas (Imprescindible: NOME E DNI da persoa que recibe o servizo) (Día e horas en que se prestou o
servizo co nome e NIF da en dade que emite a factura)
o Xusficantes bancarios que acrediten o pago da factura
o Declaración responsable que impide o coidado da persoa dependente
Podes solicitar máis información en AGADEA
Contactar coa traballadora social de AGADEA:
Teléfono: 651 981 863/cdiasaestrada@agadea.org
Sonia Castro Aboy Traballadora social. Nº colexiada 3352
