Apoio e Intervención nas Familias
Coidar ao coidador
A nova de que un ser querido ten unha demencia pode ser abrumadora ao principio, pero a maioría das familias consideran que mentras máis información teña sobre ela e os recursos cos que pode contar, poden afrontala mellor.
Así angustia propia do doente e a da súa familia vese considerablemente reducida cando se establecen boas relacións entre todas as partes implicadas. Ter coñecementos sinxelos pero precisos e claros son a base para lograr os obxectivos en conxunto.
Dende AGADEA traballamos para formar e crear grupos de apoio mutuo, de incalculable valor para afrontar a carga psicolóxica e emocional derivada dos coidados continuados aos familiares. Ademais, os noso profesionais axudarán a resolver calquera dubida legal así como información sobre as prestacións ás que poden optar. O benestar do enfermo depende do benestar dos seus coidadores. Por eso é fundamental coidar ao coidador.
Información, valoración e seguimento
En horario de 09.00h a 14.00h e de 16.00h a 20.00h (luns, martes), de 08.00h a 20.00h (mércores) e de 08.00h a 16.00h (venres) as Traballadoras Sociais da entidade atende nas oficinas da Asociación a todas aquelas persoas que así o soliciten, tanto se o fan acudindo en persoa, como por teléfono.
O primeiro paso deste programa é analizar a situación da posible persoa usuaria e do seu familiar con demencia. A traballadora social é a encargada de realizar a acollida e esta primeira entrevista.
Posteriormente proporcionase información básica sobre a enfermidade de Alzheimer ou outras demencias e sobre os recursos socio-sanitarios existentes tanto a nivel público como privado e facendo fincapé nos propios da Asociación.
Onde o facemos? Na sede de AGADEA. Teléfono: 981 595738
PROGRAMA DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA
Trátase de prestar atención psicolóxica a través de accións de acompañamento personalizado e continuado do familiar que realiza a tarefa de coidador/a principal durante o proceso de evolución da enfermidade. Busca colaborar co familiar na diminución das múltiples alteracións que sofre no seu estado de ánimo debidas aos continuos coidados que realiza (ansiedade, depresión, angustia, soidade,…).
GRUPOS DE AXUDA MUTUA
Están formados por un grupo de persoas que comparten a mesma problemática -neste caso ter un familiar con demencia- que se reúnen para compartir experiencias, consellos e información sobre a súa situación co obxectivo de incrementar o seu benestar a través do intercambio de axuda entre os participantes, guiados por un profesional da asociación.
APOIO LEGAL
AGADEA conta cun convenio de colaboración con unha abogada, a cal apoia e orienta ás familias en temas legais relacionados con persoas con alzhéimer e outras demencias como por exemplo, respecto aos trámites para solicitar a incapacitación legal, as obrigas que implica o nomeamento como titor, etc. As consultas poden realizarse por teléfono, ou concertar unha entrevista persoal, sendo a primeira totalmente gratuíta.
ESCOLA DE FAMILIAS
A Escola de Familias, dirixida pola psicóloga da asociación, busca aportar coñecementos útiles e aplicables na vida cotiá dos familiares que conviven cunha persoa afectada. As sesións están orientadas a abordar dous dos principais problemas que nos achegan os/as coidadores/as: os problemas de comunicación e o manexo dos trastornos de conduta.