#ANDAINAVIRTUAL Agadea Alzheimer Ribeira organiza un ano máis a tradicional andaina ‘Os Camiños da Memoria’. Desta volta, ao igual que no 2020 a andaina será VIRTUAL atendendo a situación de pandemia aínda presente.
Queremos que nos mandedes unha FOTO da vosa ANDAINA diaria, xa sexa pola rúa, a carón do mar, no xardín… todo suma!!
Animádevos!! Enviade a imaxe ao whatsaap 672 705 053 co voso nome + a distancia percorrida (tedes ata o 25 de agosto)
Entre todos faremos unha morea de #quilómetrosolidarios polo #Alzhéimer
O venres 27 publicaremos un vídeo con todos e todas as participantes e os quilómetros logrados.
Para participar
1. Debes inscribirte neste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1hQyyynw7TLVG08QvbSr_yq7vy1q-03iIUmlkCnwepxA/edit
2. Descargar o teu dorsal na web de AGADEA. www.agadea.org. Tamén podes recollelo no Centro de día Alzhéimer de Ribeira.
3. Saca a túa foto durante a andaina e co dorsal posto.
Tamén podes facer unha doazón co Dorsal 0 neste enlace: https://www.agadea.org/doazons/
ResponderReenviar |