Temos un mes de maio cheo de charlas e talleres gratuítos abertos a todo o público e destinado especialmente a coidadores tanto profesionais ou non de persoas con Alzhéimer.
A primeira destas charlas é o xoves 5 de MAIO ás 17.00h co doutor Juan Manuel Pías Peleteiro, neurólogo da Área Sanitaria de Santiago sobre o ‘Exercicio físico na enfermidade de Alzheimer’. Nela falará das actividades que se poden facer conxuntamente para fortalecer o eixo coidador-coidado.
Inscrición gratuita: https://bit.ly/3vrZ6SS
Inscrición en calquera dos cursos en agadea@agadea.org ou na Escola de Saúde, que emitirá o certificado de asistencia.
T. 981 59 57 38