AGADEA publica as súas Memorias anuais correspondentes ao ano 2022. Trátase dun elemento crave para a explicación da nosa actividade e para a transparencia da entidade. É tamén un documento estratéxico de comunicación porque nos permite manexar os datos actualizados e contar ao público quen somos e que facemos.

Este ano decidimos darlle un xiro á maquetación realizando un deseño no que prima a claridade e os elementos visuais, como fotos, enlaces a vídeos e Códigos QR das actividades. Tanto o tipo de letra como as cores, son as corporativas, que nos definen, e coas que, pouco a pouco, estamos creando unha marca recoñecible.

A realización das memorias é un traballo conxunto no que aportan ideas e información todos os departamentos da entidade. Esperamos que vos gusten e sexan proveitosas para coñecernos mellor!