Hoxe, Día Mundial do Alzhéimer, AGADEA homenaxea á chamada  xeración silenciosa, persoas que naceron a principios do século XX e ás que tanto lle debemos.

Con este motivo publicouse a película #TodaUnhaVida, nas redes sociais da entidade. Neste vídeo colaboraron activamente os usuarios/as dos centros de Santiago, A Estrada, Vedra e Ribeira, aportando fotografías que recollen a súa traxectoria vital.

Tamén se levaron a cabo as tradicionais andainas de Ribeira e a Estrada, pero este ano de forma virtual resultando un éxito de participación. Os participantes mandaron as súas fotos e os quilómetros percorridos e con eles sumamos centos de quilómetros polo Alzhéimer.

Este ano, debido a situación de pandemia, AGADEA evitou calquera situación que conleve riscos. Por este motivo non sairon á rúa as Mesas Informativas, nin se levaron a cabo eventos que implicaran acumulación de persoas.

Mentras tanto AGADEA está á espera de coñecer o nivel de risco que a Xunta de Galicia aplica ao concello de Santiago para saber o protocolo que debe usar tras a resolución publicada o 17 de setembro que permitía a apertura dos centros de día.

Actualmente AGADEA mantén pechados os seus centros de Santiago, tanto o Centro de día Salgueiriños, como os Servizos de Estimulación Terapéutica do Ensanche e de Salgueiriños. Nembargantes realiza atención individualizada e atención ao domicilio ás familias dos usuarios que o solicitaron.

Vídeo nas Redes Sociais de Agadea: Youtube