Agadea organiza, con motivo do seu 25 aniversario, un ciclo de conferencias sobre a enfermidade de Alzheimer que será abordada dende o punto de vista científico e legal.

A primeira das conferencias celébrase o vindeiro mércores e será impartida pola científica Susana Teijeira, do Banco de Cerebros de Vigo. Os estudios  que levan a cabo neste centro son fundamentais para desentrañar as claves das demencias e das enfermedades neurodexenerativas. A nosa esperanza repousa na investigación por iso será moi interesante escoitar en que punto se atopan. Ademáis haberá turno de preguntas para resolver todas as cuestións que se plantexen.

Día 27 de marzo. ‘O Banco de Cerebros de Vigo, unha Caixa do Tempo’, por dona Susana Teijeira Bautista,coordinadora do Banco de Cerebros do Biobanco IIS Galicia sur

Día 25 de abril: ‘Últimos avances na investigación na enfermidade de Alzheimer’, por Carlos Spuch. Investigador Senior do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia sur e Coordinador da Rede Galega de Investigación en Demencias.

Día 23 de maio: ‘O enfermo de alzheimer: protección legal e autoaxuda’, por José Manuel Amigo Vázquez, notario

Lugar: Afundación Santiago de Compostela. Rúa do Vilar. https://www.afundacion.org/es/centros/sala/1-auditorio

Aforo: 100 personas. Libre ata completar aforo

Destinado a: técnicos, cuidadores, familiares e público en general.

Modalidade: de balde