centro-ensache

Centro de Estimulación Terapéutica do Ensanche

Santiago de Compostela

Rexistro Sanitario: C-15-004150

Rúa Diego de Muros, 11
647 507 053
agadea@agadea.org
HORARIO
LUNS, MÉRCORES E VENRES
10.00 a 14.00 horas
LUNS A VENRES
16.00 A 20.00 horas

Dendo o ano 2017 AGADEA conta no centro de Santiago con este servizo o que se accede tras a valoración realizada polas profesionais da entidade.

A quen van dirixidas?
A persoas que teñen a enfermidade de Alzheimer ou outra demencia en fase leve ou moderada e que conviven coa súa familia.

Que se fai?
•actividades de estimulación cognitiva céntranse en diversas áreas como: a orientación á realidade, a linguaxe, a memoria, as praxes e o recoñecemento perceptivo.
•A psicomotricidade é a capacidade ou facultade que permite, facilita e potencia o desenvolvemento perceptivo físico, psíquico e social da persoa a través do movemento.
•Estimulación das actividades básiczas da vida diaria
•Programa de animación sociocultural (ludoterapia)
•Programas interxeneracionais.

Obxectivo
Este programa ten como finalidade proporcionar tratamento non farmacolóxico para enlentecer os síntomas da enfermidade e manter as capacidades funcionais durante o maior tempo posible, mellorando desta maneira a autonomía e autoestima da persoas usuaria.

Profesionais implicados.
Este programa estivo dirixido polo equipo multidisciplinar:
Psicólogas
Educadoras Sociais
Tasoc
Terapeutas ocupacionais
Xerocultoras.

Plan de actuación ante a COVID-19 

Rexistro Sanitario SERGAS- DIEGO DE MUROS