AGADEA presenta as Memorias do ano 2020, un documento que recolle todas as actividades levadas a cabo por cada un dos departamentos e centros que conforman a entidade. Este ano estivo marcado pola pandemia da COVID malia a cal AGADEA desenvolveu unha chea de actividades. Mesmo cando non se puideron levar a cabo por mor do confinamento mantívose o contacto e os servizo na medida do posible. Finalmente rematamos o ano cunha gran capacidade de adaptación o que nos levou a crear servizos novos concordes coa ‘nova normalidade’. Entre eles o Servizo de Estimulación Cognitiva a Domicilio, Envellecemento Online e Cultiva o Corpo a través de zoom.