AGADEA adáptase á nova realidade da COVID-19 e implementa un novedoso sistema de traballo no programa Envellecemento Activo Online para realizar estimulación cognitiva, funcional e social a través das novas tecnoloxías.

O obxectivo é ofrecer unha alternativa para que as persoas maiores poidan seguir realizando actividades de estimulación priorizando o sistema de traballo online, que se vai realizar a través da prestixiosa plataforma NeuroUP. Desta forma, podemos seguir ofrecendo apoio emocional e social as persoas maiores adaptándonos ás recomendacións sanitarias actuais. De igual modo fomentamos o uso das novas tecnoloxías entre os adultos maiores ademais de detectar posibles casos de empeoramento a nivel cognitivo e/ou emocional, susceptibles de ser derivados a outros servizos ou recursos.

A plataforma NeuroUP permite aos profesionais planificar sesións de adestramento das actividades cognitivas, as actividades da vida diaria e as habilidades sociais que serán realizadas polos usuarios no seu domicilio. Neste caso a psicóloga de AGADEA, Alba Felpete, que ademais está especializada en psicoxerontoloxía, é encargada de dirixir o programa.

A quen vai dirixido? A persoas maiores de 60 anos sen deterioración cognitiva ou con deterioración cognitiva asociada á idade

Número máximo de participantes: 30 persoas

Onte apuntarse: psicoloxia@agadea.org ou no t. 981 59 57 38

Necesidades tecnolóxicas: acceso a computador, tablet e internet e coñecementos informáticos básicos

Actividade: adestramento das actividades cognitivas, as actividades da vida diaria e as habilidades sociais. Cada persoa contará cun programa de estimulación adecuada as súas características persoais e que estará  tutelado pola profesional responsable, a psicóloga de AGADEA, Alba Felpete.

Onde: Os ususarios realizarán o programa no seu domicilio.

Este tipo de estimulación será complementado coa realización de videochamadas coas que se realizará un seguimento das persoas usuarias. Estas videollamadas, dunha hora de duración, realizaranse en grupos de 10 persoas con periodicidade semanal. Ademais, poderán realizarse actividades de lapis e papel como complemento do adestramento online.

Procedemento:

1. Entrevista cos participantes e propoñer o programa e solicitar a súa aprobación

2. Realización dunha ou dúas sesións explicativas de carácter individual, segundo necesidades, do funcionamento de NeuronUP

3. Planificación e creación das sesións que serán realizadas polos usuarios nos seus domicilios

4. Realización de seguimento do programa a través dos propios datos achegados pola plataforma e de videollamadas cos participantes. Estas chamadas terán un dobre obxectivo: resolver posibles dúbidas ou dificultades relacionadas coas propias tarefas de estimulación e por outro proporcionar apoio emocional e social aos maiores.

5. Realización dun encontro presencial mensual con todos os usuarios que forman parte do programa, nun espazo amplo que permita seguir as recomendacións sanitarias de distancia social

6. Creación de redes telefónicas con grupos de persoas participantes

NeuroUP é unha gran plataforma dixital creada por un grupo de neuropsicólogos españois con máis de 6.000 exercicios para mellorar as funcións cognitivas de persoas maiores, pacientes con danos cerebrais ou demencia senil. Traballa baixo a premisa de «personalizar ao máximo» cada exercicio, en función das necesidades de cada persoa. Así, por exemplo, existe un xogo en que se deben ordenar a compra na súa cociña, de maneira que deben gardar cada produto no lugar correcto, por exemplo o leite no frigorífico. Neste caso, a personalización pasa por integrar unha fotografía da cociña do enfermo no propio xogo.