O día un de marzo celébrase en Boiro a I Andaina Solidaria Por Boiro. Polo Alzheimer, organizada por AGADEA coa colaboración da Fundación La Caixa, o concello de Boiro e Arousa Neo. Cabe destacar que andaina será teatralizada. Esto quere decir que nalgúns tramos, oa principio, no tramo medio e ao final, haberá una representación teatral.  Por este mesmo motivo o número de participantes está limitado a 150.

O evento está aberto a todos os públicos. Os cativos e cativas deberán ir acompañados por persoas maiores, durante o percorrido que se alonga durante cinco quilómetros.

A saída será o día 1 de marzo ás 10.30 horas da Praza do Concello de Boiro. Momentos antes, estará aberto a mesa de doación de 5 euros por persoa, que previamente terán que estar inscritas on-line.