O Servizo de Estimulación Terapéutica de A Estrada, financiado pola Deputación de Pontevedra, e no que se atopan persoas con deterioro cognitivo leve, leve-moderado e cognitivo moderado – moderado-grave, realízanse actividades de orientación (calendario e lectura e debate de prensa), xerontoximnasia, estimulación cognitiva grupal, psicomotricidade, láminas de estimulación cognitiva individuais, laborterapia e actividades lúdicas.ealízase orientación temporal, espacial e persoal, xerontoximnasia básica, actividades de estimulación cognitiva grupal e individual básicas, empregando recursos que faciliten a tarefa como as actividades con pantalla; unha vez á semana prográmase actividade de cine, cunha proposta de películas sinxelas ou capítulos de serie curtos, principalmente de comedia e humor.
Outras das actividade máis importantes son as visitas de grupos musicais da zona e alegran a xornada das persoas usuarias.