Agadea incrementa a súa presenza no Barbanza coa apertura de dous novos Centros de Estimulación Terapéutica, un en Boiro e outro en Aguiño.
Estes centros, que se abren conxuntamente cos concellos de ambas localidades, teñen como fin retardar o deterioro cognitivo traballando a memoria, a orientación, a linguaxe e o cálculo e esta forma se mellora a calidade de vida das persoas maiores, así como se benefician as relacións interpersoais. Están dirixidas a persoas con deterioro cognitivo e con demencias neurodexenerativas. Estes servizos contarán con profesionais de fisioterapia, psicoloxía, Educación Social e xerocultores/as.
Agadea conta cunha longa traxectoria no Barbanza, co Centro de día de Alzheimer e o Servizo de Estimulación de Ribeira.
Os centros teñen previsto abrir a mediados de decembro. As actividades en Boiro vanse levar a cabo no centro social de Abanqueiro os luns, mércores e venres en horario de 15.30 a 18.30 horas. Mentras que en Aguiño terán lugar na Aula do Maior, na rúa Castelao sn, os martes e xoves de 15.30 a 18.30h.
Están abertas as inscricións no Tel. 672 705 053 Mail. cdiaribeira@xunta.gal e nos Servizos Sociais de Ribeira e Boiro.
Seis faladoiros de sensibilización no Barbanza.
Dende Boiro, Rianxo, Noia ata Outes e Ribeira acollerán este mes de decembro faladoiros de sensibilización de AGADEA.
A primeira delas será o día 1 en Outes. Boiro contará con dúas charlas abertas a todo o público sobre a Enfermidade de Alzhéimer; o día 14 de decembro, a neuróloga Clara Domínguez e o día 21 a psicóloga Alba Iglesias. O día 15 de decembro as charlas chegarán a Rianxo e o 20 en Noia.
Destacar tamén que o día 16 as 17.30h levarase a cabo unha charla impartida pola Policía Local de Ribeira no Centro cultural Lustres Rivas, sobre desaparicións e estafas. Tamén estarán na mesa técnicos da Cruz Vermella.
