AGADEA na Estrada celebrou hoxe o Día Mundial do Alzhéimer con dúas Mesas Informativa. Unha das mesas estivo presidida pola coordinadora do Centro de día de persoas maiores da Estrada, Sonia Castro e recibiu a visita da concelleira de Igualdade Amalia Goldar. Tamén dun grupo de usuarios do centro de día de Cuntis e de numerosas persoas que se interesaron pola doenza e a actividade da asociación.
AGADEA tamén foi sorprendida pola Asociación de Alfombrista da Estrada cunha gran alfombra feita con terra, labra, cunchas de moluscos, arroz e terra negra de Tabeirós. Ten unha dimensión de 200×120 mm, 20 cores e 15 texturas diferentes. Durante máis de tres horas catro membros desta asociación traballaron incansablemente para tela disposta no Día Mundial do Alzhéimer.