AGADEA retoma, tras dous anos de andainas virtuais pola COVID, as súas tradicionais andainas ‘Os Camiños da Memoria’, de Ribeira e de A Estrada. Pretende así recuperar as ‘mareas verdes’ que en anteriores edicións ocuparon as rúas de Ribeira e A Estrada.

A primeira cita terá lugar o venres, 26 de agosto en Ribeira mentres que da Estrada celebrárase o 16 de setembro.

Camiñar polo Alzhéimer, sensibilizar á sociedade sobre esta doenza e manter uns hábitos de vida saudables son os obxectivos desta actividade na que participan familias completas, dende os cativos ao máis maiores.

Precisamente AGADEA quere destacar o seu compromiso con potenciar este tipo de actividades interxeneracionais, que tantos beneficios aportan a todos os participantes e que constitúen unha das claves para achegarse e entender a doenza.

É obrigatorio a inscrición, tanto da cativada como dos adultos. O mesmo día das andainas farase entrega dunha camiseta conmemorativa coa que poden participar na proba. Haberá avituallamento sólido e líquido para todas as persoas participantes ao seu paso pola liña de meta.

Tanto a cita deportiva de Ribeira como a da Estrada constitúen un circuíto asumible para as familias.

RIBEIRA. 26 de agosto.

Inscrición ata o 24 de agosto as 13.00 h. PREME AQUÍ

Andaina: 8 km I Maiores de 12 anos 5€

Para as persoas que queiran colaborar pero non poidan participar, é posible achegar unha doazón ao Dorsal Cero.

A ESTRADA. 16 de setembro

Inscrición ata o 14 de setembro ás 13.00h. PREME AQUÍ

Próximamente ampliaremos a información

Andaina: Para as persoas que queiran colaborar pero non poidan participar, é posible achegar unha doazón ao Dorsal Cero.