O día 30 de setembro AGADEA Alzhéimer na Estrada celebrará a súa tradicional Andaina ‘Os Camiños da Memoria’. Esta edición e debido a situación de pandemia aínda persistente terá carácter virtual.

As persoas que desexen participar deberán enviar unha foto ao whatsapp 651 981 863 da súa andaina. Ademais do seu nome deberá indicar a distancia percorrida. As fotos recolleranse ata o 29 de setembro (inclusive).

Tamén a poden publicar nas súas redes sociais co hashtag #CamiñosdaMemoriaAEstrada

O 30 de setembro  publicaremos un vídeo no se dará conta do total de quilómetros percorridos pola Alzhéimer.

OPCIONAL. DORSAL SOLIDARIO. Se queres sacar a foto co dorsal solidario pódese descargar aquí.