Convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria
Pola presente queda convocado/a a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), que se celebrará o 8 de setembro de 2021, no Centro de día Salgueiriños, na Rúa de Salgueiriños de Abaixo Nº 15b 15704 en Santiago de Compostela, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda, co seguinte punto na ORDE DO DÍA:
RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA
AFORO LIMITADO. Debido á situación de pandemia todas as persoas asociadas que desexen participar deben confirmar a súa asistencia: Teléfono: 647 589 725 Correo: agadea@agadea.org
María Isabel Gey Pérez, Presidenta de AGADEA ALZHEIMER.
A Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2021