Os familiares que asumen o coidado dunha persoa con enfermidade de Alzheimer viven dende o principio a desorientación e a angustia ante a evolución do seu ser querido. E é clave que, tanto para preservar a calidade de vida da persoa con Alzheimer como a do propio coidador/a principal, dispoñan da información e do apoio emocional necesario para poder sobrelevar as consecuencias que a irrupción da enfermidade conleva na vida cotiá. A partir do día 4 de abril abrimos grupo para o Curso de Coidadores que se desenvolverá no Centro de Saúde Concepción Arenal, de Santiago de Compostela e que será impartido pola psicóloga de Agadea, Alba Felpete.
Obxectivos do Grupo de Coidadores:
- Transmitir información rigorosa sobre as demencias e a súa abordaxe no ámbito familiar
- Dotar de estratexias que permitan manexar as alteración psicolóxicas e do comportamento asociadas as demencias
- Reducir a sobrecarga percibida
- Mellorar o estado de ánimo dos participantes
- Mellorar a calidade de vida percibida
- Potenciar a resiliencia nas persoas coidadoras
- Xerar un impacto positivo no apoio social percibido
Contidos:
Levaranse a cabo en oito sesións de una hora de duración, combinado contido teórico, exemplos prácticos e intercambio de experiencias entre as persoas participantes.
SESIÓN 1: Presentación do programa (obxectivos, metodoloxía, axuste de expectativas…) SESIÓN 2: A enfermidade de Alzheimer: dende a reacción ao diagnóstico a súa comprensión SESIÓN 3: Principais dificultades no coidado dunha persoa con Alzheimer
SESIÓN 4: Como relacionarse coa persoa con Alzheimer SESIÓN 5: Manexo da ansiedade: aprender a relaxarse
SESIÓN 6: Coidarse. Integración do rol de coidador na identidade persoal
SESIÓN 7: O duelo no proceso da enfermidade SESIÓN 8: Peche
Poboación a que está dirixido o programa: Coidadores/as familiares de persoas con deterioro cognitivo e demencia.
Temporalización: Tódolos xoves de abril e maio (comezo 04/04/2019, finalización 06/06/2019) a excepción do 18/04/2019 e o 23/05/2019 por ser festivos, en horario de 16:00 a 17:00.
Localización: Centro de Saúde Concepción Arenal.
Tipo de grupo: Grupo pechado de entre 8 e 12 participantes.