Agadea Alzhéimer realizou hoxe sábado no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela un acto de sensibilización co que achegou información a unha gran cantidade de persoas que se achegaron ata a nosa Mesa Informativa.
Alí a presidente de Agadea, Isabel Gey, xunto coa concelleira de Políticas Sociais do concello de Santiago, Concha Fernández, repartiron mandilóns e bolsas da compra reinvindicativas sobre o alzhéimer.
Os 160 praceiros apoiaron o noso acto colocando os mandilóns de Agadea, así como os postos da rúa. A praza de Santiago luciu de blanco e verde. Ao acto asistiron tamén familiares e persoas afectadas que amosaron o lado humano da enfermidade falando sobre ela e a súa problemática, dende un punto de vista máis persoal.
Todas as fotos neste enlace de Facebook. Preme aquí
Tamén pódese ver a nova realizada pola TVG para o Telexornal. Preme aquí