Máis de 30 persoas asistiron hoxe a inauguración de RETRANDO EN PLATA nun acto presidido polo alcalde de Santiago. Por primeira vez os retratados e as familias puideron ver as obras e agradecer os debuxantes o seu xesto solidario. A inauguración contou tamén co director xeral de Persoas Maiores da Xunta de Galicia, Fernando González Abeijón, a concelleira de Políticas Sociais de Santiago, María Milagros Castro; Ramón Quiroga Limia, membro do grupo municipal do Partido Popular, e Goretti Sanmartín e Nadia Rivas do grupo municipal do BNG; así como os autores das ilustracións.

Lugar: Fundación Araguaney (R. de Montero Ríos, 27, 15706 Santiago de Compostela)

Horario: de 11.00 a 20.00 h.