VOLUNTARIADO
Coa túa colaboración estarás mudando a historia desta enfermidade
Voluntariado
Os voluntarios participan nos Servizos e Programas da Asociación de forma continuada, directa e activa, ofrecendo o seu tempo e en ocasións experiencia.
Programa de Voluntariado e de Prácticas.
O Programa de Voluntariado de AGADEA céntrase, por unha banda, en visitas de acompañamento e estimulación a enfermos de Alzhéimer ou outras demencias.
Os voluntarios/as previamente reciben unha formación específica por parte de AGADEA, tanto sobre o que implica ser voluntario, os seus dereitos e obrigas, como sobre as demencias e as pautas axeitadas de comunicación e estimulación cognitiva.
AGADEA ven desenvolvendo o Programa de Voluntariado dende o ano 2012 e no últimos anos o número de voluntarios ven aumentado gracias a colaboración do Servizo de Participación e Integración Universitaria de Santiago de Compostela e da Subdirección Xeral de Voluntariado e Participación da Xunta de Galicia.
Obxectivos
• Coordinar e organizar as intervencións da poboación voluntaria, planificándoas en tempo e espazo.
• Fomentar a participación do voluntariado a través de diferentes accións.
• Dotar de formación específica a todas aquelas persoas que desinteresadamente teñen a intención de colaborar nas actividades organizadas por AGADEA.
• Captar novos/as voluntarios/as que desexen ofrecer o seu tempo de forma altruísta.
• Colaborar e apoiar aos profesionais nas actividades dirixidas á poboación obxectivo.
• Promover a participación na actuación de divulgación da Asociación na sociedade.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
AGADEA acolle alumnos en prácticas da Universidade de Santiago de Compostela, así como con distintos Institutos de Formación Profesional e empresas privadas que realizan cursos de formación na rama socio-sanitaria. A formalización das prácticas non laborais faise mediante convenio de colaboración.
Durante o programa os alumnos/as de prácticas levan a cabo a súa actividade nos Talleres de Estimulación Cognitiva de Santiago de Compostela ou ben no Centro de día de Alzheimer de Ribeira, dependendo do interese do Alumno/a.
As actividades que realizan os alumnos/ as de prácticas son as seguintes, aínda que poden variar dependendo da titulación a que pertenzan:
• Participación e apoio nos Servizos de Estimulación Terapéutica.
• Actividades de Reminiscencia.
• Elaboración de Programas e execución dos mesmo.
• Valoracións cognitivas de funcionais dos usuarios/as.
• Acompañamento no servizo de Transporte Adaptado.
• Apoio nas tarefas de mantemento de hixiene persoal.
• Tarefas administrativas.
• Apoio en charlas de sensibilización.
Se queres ser parte do voluntariado activo
Envíanos os teus datos e porémonos en contacto contigo o antes posible.
Información básica sobre protección de datos de carácter personal |
|
En cumplimiento del Reglamento Europeo de Protección de Datos se informa al interesado de lo siguiente |
|
Responsable |
AGADEA, Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con demencia tipo Alzheimer |
Finalidades |
Atender a súa solicitude de ser voluntario na asociación |
Legitimación |
RXPD: artigo 6.1 Consentimento do interesado, interese do solicitante e propio |
Destinatarios |
Persoas físicas que desexen facer voluntariado nalgún dos centros da asociación |
Cesiones |
Non se cederán os datos a terceiros, salvo o seu consentimento expreso ou as excepcións previstas pola normativa vixente. Non están previstas transferencias internacionais de datos. |
Derechos |
Acceso, rectificación, supresión e dereito ao esquecemento, limitación del tratamento, portabilidade, oposición, reclamación ante a AEPD e non ser obxecto de elaboración de perfís. Dereito a revocar o consentimento prestado. |
Más info |