A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, inaugurou este mércores a mostra ‘20 anos facendo camiños, 20 anos facendo memoria’ da Federación Alzhéimer Galicia (Fagal), que desde hoxe se pode ver no espazo da pirámide do edificio da Xunta de Galicia en San Caetano.

A mostra recolle varias fotografías protagonizadas por usuarios dos centros de Agadea e está enmarcada dentro do proxecto ‘CapacitARTE’ que consiste na realización de exposicións monográficas sobre os servizos e proxectos que levan a cabo cada unha das entidades que forman parte da devandita plataforma asociativa, e que ten por obxecto dar visibilidade ao traballo que estas realizan así como concienciar á poboación en xeral.