Hoxe comezou en Sarria, a Walking the Talk for Dementia, unha peregrinación de máis de 50 persoas de 20 países distintos, como EEUU, Brasil, Irlanda… que están a realizar o Camiño de Santiago co fin de sensibilizar e empoderar ás persoas con demencia, ás súas familias e coidadores/as. AGADEA ALZHEIMER tamén participa en representación de Galicia.

Son profesionais da saúde, lexisladores, investigadores e persoas que viven con demencia que percorrerán 50 km entre o 1 de maio e o 4 buscando conversar, poñer en común vivencias, dar a coñecer perspectivas sociais, xeográficas, culturas distintas sobre a demencia. O 4 de maio chegarán ao Obradoiro demostrando que a demencia non é o final e que todos e todas merecen vivir con dignidade, propósito e aventura. Este día uniranse a eles distintas asociacións da Federación Alzhéimer de Galicia chegando a participar case 200 persoas.