Un grupo de 60 persoas de AGADEA ALZHEIMER disfrutaron hoxe dunha interesante visita ao Parlamento de Galicia xunto coa presidenta da entidade, Isabel Gey.
Trátase do grupo do programa ‘Cultiva o Corpo’, a través do cal a entidade fomenta un envellecemento saúdable mediante a xerontoximnasia. Este programa está implantado en Santiago e nas zonas do rural, como Enfesta, As Cancelas, O Eixo, Figueiras, Lavacolla, Nemenzo e As Cancelas, das cales procede o grupo que hoxe visitou á Cámara.
Durante este percorrido, dunha hora de duración coñeceron a historia da institución e accederon ás estancias máis solemnes do pazo do Hórreo, como o Salón dos Reis e o hemiciclo. Este último foi o que maior ilusións lles fixo ao poder sentar onde o fan habitualmente os políticos e sacar numerosas fotos no mesmo.