Se es coidador ou excoidador dun enfermo de alzhéimer e che apetece desfrutar dun rato creativo entorno a arte, e compartir a experiencia con outras persoas que se atopan na túa mesma situación, este é o teu taller. A artista Beatriz S. Saá, que leva anos investigando nesta enfermidade dende as artes, deseñará tres sesións totalmente gratuítas (que complementan as catro realizadas anteriormente nos meses de novembro e decembro), nas que poderás afondar na historia da arte, experimentar con distintas técnicas pictóricas, e expresarte a través das túas creacións. Estes talleres serán presencias, pero no caso de que che resulte moi complicado desprazarte, poderás seguilos tamén de forma online dende a túa casa, previa retirada do kit de material no lugar que se che indique.

Martes 17 de xaneiro. De 17 a 19 h. Sesión 5: A importancia do espazo circundante. A perspectiva. Breve presentación teórico-visual de introdución ás leis da perspectiva. Saída ao exterior para a realización dun debuxo ao natural do espazo circundante.

Martes 24 de xaneiro. De 17 a 19 h. Sesión 6: Crea, estampa e volve a crear. Presentación teórico-visual de introdución as técnicas de estampación. Creación de matrices para posteriormente estampar.

Martes 31 de xaneiro. De 17 a 19 h. Sesión 7: A palabra. Rostros entre a ausencia e a presencia. Presentación audiovisual do traballo da artista e da súa particular forma de crear pintando e escribindo ao mesmo tempo, feita en primeira persoa. Crear un relato e darlle forma visual.