O novo servizo de Estimulación Cognitiva a Domicilio implementado por AGADEA vai dirixido a aquelas persoas que desexan previr unha deterioración cognitiva e non desexan ou non poden desprazarse ao Centro de terapias.

O fomento da autonomía é o noso obxectivo co que se consegue unha mellor calidade de vida da persoa. Neste servizo traballamos o funcionamento cognitivo naqueles ámbitos que están afectados por algunha enfermidade, polo paso dos anos ou que aínda sen estar afectados poden preservarse.

Mediante a estimulación cognitiva lógrase mellorar capacidades como memoria, gnosias, funcións executivas… Durante estes primeiros meses xa se diron de alta 6 familias neste servizo.

Para máis información pódese chamar ao teléfono: 651 981 863