Remata o proxecto de ‘Rehabilización Integral para persoas con Alzheimer’ cunha melloras significativas

Ao iniciar o programa de rehabilitación terapéutica realízamos un informe inicial de avaliación, para ver as condicións iniciais coas que as persoas usuarias partían e ao finalizar o mesmo avaliamos a efectividade do programa cun resultado de que ao menos o 90% das persoas melloraron a súa situación.

Rematamos este proxecto no que fomos capaces de garantir aos participantes unha atención específica para previr o agravamento do seu grao de dependencia promovendo o mantemento ou a mellora de habilidades xa adquiridas dos participantes, e facilitando a execución das actividades básicas da vida diaria.