Coñece o proxecto ‘Rehabilitación Integral para persoas con Alzhéimer’ levado a cabo nos concellos de Vedra, Trazo, Teo, Santiago de Compostela e A Estrada por AGADEA. Nel préstase apoio no ámbito rural e na atención no domicilio. Está cofinanciado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. As responsables do mesmo contan neste vídeo en que consiste e os obxectivos logrados.