O vindeiro 15 de setembro levarase a cabo a II Andaina Solidaria co Alzhéimer ‘Camiños da Memoria’, que se celebrará na Estrada (Pontevedra) a iniciativa da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer, AGADEA. Con este motivo este venres fíxose a presentación aos Medios de Comunicación por parte da presidenta de Agadea, Isabel Gey; por Sonia Castro, traballadora social de Agadea e pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Amalia Goldar

O obxectivo desta andaina é formar unha gran ‘marea verde’ que servirá para visibilizar a enfermidade do alzhéimer e apoiar a quen a padece e os seus coidadores.  Neste sentido, Agadea convida a todos os cidadáns a participar nesta actividade aberta a todas as idades e que partirá as 19.00 horas dende a Praza do Concello da Estrada.

Despois do éxito acadado pola I Andaina Solidaria levada a cabo o ano pasado, Agadea non cesa no seu empeño de facer visible á población as necesidades das persoas con esta enfermidade, que afecta, na actualidade a preto de 50.000 galegos.

Coa idea de que poidan acudir persoas de todas as idades, a Andaina contará con dous tramos, un máis curto de 4 quilómetros e outro más longo de 8 quilómetros. A dificultade de ambos é baixa.

Ademais, o programa complétase con diferentes actividades de sensibilización, como a actuación do grupo de música Regatos, e sorteos entre todos os participantes. A inscrición, que remata o vindeiro día 12 de setembro e na que se fará un donativo de 2 euros, pode realizarse no WhatsApp: 647 589 725presencial en Agadea (Edificio Novo Mercado 1º (16-20.00 h) da Estrada ou online – PREME AQUÍ

O programa completo do evento é o seguinte:

·        19:00 horas: Convocatoria para a recollida de camisetas.

·       19:30 horas: Saída da Andaina Solidaria Praza do Concello de A Estrada.

·       20:30 horas: Chegada do primeiro anel.

·       Entre as 20:30 e as 22:30 horas: Haberá diferentes actividades de sensibilización e concienciación dirixidas a todos os públicos. A espera será amenizada polo grupo de música Regatos

·       22:30 horas: Chegada do segundo anel

·         22:45 horas: Haberá un sorteo entre todas as persoas participantes na andaina.