Agadea participou un ano máis na Feira da Saúde de Ames para sensibilizar e dar a coñecer o noso traballo. Contamos cunha Mesa Informativa de 10 a 14.30 e de 16.30 a 20.00h e estivemos xunto con 14 entidades sociais máis da nosa contorna.
Durante a mesma recibimos numerosas visitas de persoas interesadas nos nosos servizos e ademáis recibimos a visita do delegado do goberno, J.M. Miñones, do alcalde de Ames, Blas García e da concelleira de Benestar, Luisa Feijóo que se interesaron polo traballo de Agadea.
Ao longo da semana a psicóloga de AGADEA, Andrea Muiños deu as claves para coñecer mellor a enfermidade de Alzheimer e as súas consecuencias durante unha charla. Completou este faladoiro a traballadora social, Fátima Miranda, quen expuxo os recursos existentes para apoiar e ofrecer un respiro ás familias.