O vindeiro 9 de xuño, o doutor José María Prieto, xefe do Servizo de Neuroloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) impartirá unha charla sobre ‘O Alzheimer e outras demencias’, no veciño concello de Trazo.

Trátase dunha charla presencial e aberta a todo o público na que eminente doutor porá de manifesto a realidade da doenza dende o punto de vista médico. A continuación a psicóloga e psicoxerontóloga, Alba Felpete disertará sobre as terapias non farmacolóxicas. Por protocolo precisamos que se realice inscripción previa.

Neste enlace: https://cutt.ly/4ne6BXB

Por  whatsapp ou chamando a Agadea: 647 589 725

Ou a Servizos Sociais do Concello de Trazo: 981 689 001

Agadea ten previsto abrir un novo Servizo de Estimulación Terapéutica no concello de Trazo. Este servizo está dirixido a persoas maiores con deterioro cognitivo e persoas con demencias neurodexenerativas. Estará aberto de luns a venres, entre as 16 e 20h e será atendido por persoal especializado de Agadea. Entre os seus obxectivos está o de retardar a enfermidade, traballar a memoria, a orientación, a linguaxe… e en xeral, mellorar a calidade de vida das persoas maiores e as súas relacións interpersoais.