A concellería de Servizos Sociais de Teo porá en marcha, a partir do 14 de marzo, o Servizo de Estimulación Terapéutica para todos os veciños e veciñas do concello. Este servizo, destinado a persoas con demencia e/ou deterioro cognitivo, estará atendido por profesionais de Agadea e nel levaranse a cabo as terapias que tan bos resultados están logrando noutros puntos, como Santiago, Ribeira, A Estrada e Vedra.

O mércores 13 ás 20.00h. na Casa Común de Cacheiras ofreceremos, conxuntamente cos profesionais dos Servizos Sociais de Teo, unha charla informativa para explicar en que consiste e solventar todas as dúbidas. 

SERVIZO DE ESTIMULACIÓN

CANDO? A partir do 14 de marzo todos os martes e xoves 
HORARIO: de 16 a 19 horas.
ONDE: Casa Común de Cacheiras
PARA QUEN? Dirixido a persoas que padezan calquera tipo de demencia, demencia tipo alzhéimer ou persoas que presenten un deterioro cognitivo.
OBXECTIVO? Preservación das habilidades cognitivas e motoras 
QUE FACEMOS? Exercicios de orientación temporal, espacial e persoal, actividades de estimulación psicomotriz, prácticas de cálculo, escritura, linguaxe e actividades lúdico manipulativas, entre outras.
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Servizos Sociais de Teo (981 809 707 / servizossociais@teo.gal)
AGADEA (981 595 738 / agadea@agadea.org)