Con motivo da Mes do Alzheimer, AGADEA xunto coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza o curso gratuito: ‘A enfermidade de Alzheimer e a súa abordaxe multidisciplinar’, que se celebrará do 6 ao 10 de setembro e que foi declarado pola Xunta de ‘Interese Sanitario’. Terá lugar no edificio do CABES. Rúa Manuel María, 6, 15703 Santiago de Compostela.

Cando unha persoa asume a responsabilidade de coidar a un enfermo gran dependente enfróntase a unha tarefa que non é doada. Para facela máis fácil é necesario adquirir a formación específica que permita artellar as respostas axeitadas en cada intre, tanto no eido dos coidados formais como informais.

Entre os obxectivos do curso, aberto a todo o público, está adestrar aos participantes nas ferramentas precisas para facer fronte aos coidados específicos a persoas que padecen Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

As persoas interesadas poden apuntarse ao curso completo ou só escoller aqueles módulos que máis lle interesan. Ten caracter presencial e conta con límite de prazas. Ao remate recibirán un diploma acreditativo.

A inscrición realízase na Escola Galega de Saúde. Ao carón de cada módulo está o seu respectivo enlace para realizar a inscrición gratuita

PROGRAMA E INSCRICIÓN

*Atención ao horario. Comenza ás 17.30h. Está pendiente de actualización na Escola Galega de Saúde.

218822. DEMENCIA E A ENFERMIDADE DE ALZHEIMER . 6 de setembro. Non se adminten máis inscricións. Cupo completo

Enlace para inscrición: https://bit.ly/3AW7aeF

Imparte: Clara Domínguez. Neuróloga e doctora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

218823. COIDANDO AO COIDADOR NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER. 7 de setembro. Non se adminten máis inscricións. Cupo completo

Enlace para inscrición: https://bit.ly/37RtVnp

Imparte: Ana Díaz Cortés. Socióloga e investigadora do programa Saúde, discapacidade, dependencia e benestar. Forma parte do grupo interdisciplinar hospitalario de apoio ao coidador.

218824. TERAPIAS NON FARMACOLÓXICAS NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER. 8 de setembro. Non se adminten máis inscricións. Cupo completo

Enlace para inscrición: https://bit.ly/3CWOkWl

Imparte: Estefanía Calvelo Muñiz. Terapeuta Ocupacional no Centro de día de Salgueiriños de Santiago

 218825. A COMUNICACIÓN NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER. 9 de setembro. Non se adminten máis inscricións. Cupo completo

Enlace para inscrición: https://bit.ly/37UICGc

Imparte: Ana Díaz Cortés. Socióloga e investigadora

218826. RECURSOS LEGAIS NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER. 10 de setembro

Enlace para inscrición: https://bit.ly/37SxR7t

Imparte: Mercedes Blanco de la Torre. Avogada