Agadea celebrou a VI Andaina Solidaria co Alzhéimer, Os Camiños da Memoria, na Estrada. O roteiro, que reuniu a máis de 200 participantes, discorreu por diferentes zonas próximas ao centro urbano e tanto a súa saída, como a súa meta, estiveron localizadas na Praza do Novo Mercado.
Á chegada os camiñantes foron recibidos con música do Grupo Regatos e uns riquísimos pinchos doados polos comercios da vila. Foi unha tarde de feliz convivencia veciñal e de sensibilización co Alzheimer.