O Servizo de Estimulación Terapéutica de A Estrada, financiado pola Deputación de Pontevedra, conta con distintas actividades que se realizan coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas que sofren algún tipo de demencia neurodexenerativa, en especial as persoas que padecen a Alzhéimer.

Dentro do Servizo Específico de Estimulación Terapéutica ofértanse actividades como: terapias de Orientación a Realidade, actividades físicas, estimulación cognitiva, actividades lúdico-manipulativas e actividades extraordinarias e saídas culturais.

As actividades prográmanse e establécense en función das capacidades cognitivas das persoas que conforman o grupo.

Grupo 1: Persoas con deterioro cognitivo leve. Realízanse actividades de orientación (calendario e lectura e debate de prensa), xerontoximnasia, estimulación cognitiva grupal, psicomotricidade, láminas de estimulación cognitiva individuais, laborterapia e actividades lúdicas.

Grupo 2: Persoas con deterioro cognitivo leve-moderado. Realízanse as mesmas actividades que no grupo 1, rebaixando o nivel de dificultade para adaptalo as persoas usuarias.

Grupo 3: Persoas con deterioro cognitivo moderado – moderado-grave.  Realízase orientación temporal, espacial e persoal, xerontoximnasia básica, actividades de estimulación cognitiva grupal e individual básicas, empregando recursos que faciliten a tarefa como as actividades con pantalla; unha vez á semana prográmase actividade de cine, cunha proposta de películas sinxelas ou capítulos de serie curtos, principalmente de comedia e humor.