Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, AGADEA ALHÉIMER inaugura en Santiago de Compostela a exposición Retratando en Plata. Trátase dunha mostra de máis de 70 retratos de persoas da entidade realizadas de forma altruista por ilustradores de toda España durante os peores momentos da pandemia.
O acto terá lugar na Fundación Araguaney o vindeiro día 16 de setembro ás 19.00h e contará con representantes da consellería de Política Social, membros da alcadía de Santiago, así como os autores das ilustracións, as persoas retratadas e familiares.
A partir do venres 16 poderá visitarse de 11.00 h a 20.00h todos os días da semana ata o día 30 de setembro. Posteriormente a exposición viaxará a Ribeira, Vedra e A Estrada.


Homenaxe as persoas que sofren a pandemia
Os retratos que componen esta mostra realizáronse nos sete centros que AGADEA ten en Galicia e recollen as imaxes dos usuarios e dos traballadores durante a pandemia.
Esta iniciativa parte do colectivo de artista Retratando en Plata, formado un grupo de máis de 150 dibuxantes de España, que durante os peores momento da pandemia decidiron aportar o seu gran de área para animar ás familias máis afectadas pola COVID.
Unha das representantes deste grupo en Galicia, que ademáis coordina a exposición de AGADEA é a recoñecida ilustradora Nanda Cabaleiro. Tamén se contou co apoio de MRW que realizou gratuitamente os envios dos cadros dende distintas zonas, como Madrid, Barcelona, Cantabria, Murcia.
As familias galegas verán por primeira vez os seus retratos nesta exposición, polo que se espera sexa unha agradable sorpresa para eles. Unha vez remate a mostra os debuxos serán entregados a cada un dos retratados, seguindo o desexo dos autores.


AGADEA sairá á rúa polo Día Mundial do Alzhéimer.
Durante todo o mes de setembro AGADEA ALZHEIMER leva a cabo unha serie de actos para conmemorar do Día Mundial do Azlhéimer. Esta mesma semana estase celebrando o curso ‘A enfermidade de Alzheimer e a súa abordaxe multidisciplinar´. Tamén se levan a cabo as tradicionais andainas de Ribeira e a Estrada, que este ano seguirán sendo virtuais, por mor da pandemia. E o vindeiro 21 de setembro AGADEA sairá a rúa coas Mesas Informativas para concienciar a sociedade sobre esta doenza.