CENTROS DE DÍA

Centrosde Día

O alzhéimer é unha enfermidade neurodexenerativa que, a día de hoxe, non ten cura. Con todo, ademais do tratamento convencional, existen terapias non farmacolóxicas que atrasan a enfermidade e que, ademais, melloran a calidade de vida aumentando a súa autoestima. Os progamas de estimulación terapéutica que leva a cabo AGADE cumpren a dobre finalidade de fortalecer as súas funcións e retrasar o máximo posible o deterioro producido pola enfermidade, á vez que se proporciona aos familiares un tempo de respiro.
Previamente ao acceso a cada actividade ou intervención, realízase unha análise e avaliación inicial cognitiva e funcional de cada usuario, co fin de coñecer o seu grado de deterioro e así poder participar na actividade axeitada ao seu caso. Distribúense en grupos, organizados de forma homoxénea e en función do nivel de deterioro. Temos tres grupos segundo o grado de deterioro cognitivo:
• Enfermos con fase moderada,
• Enfermos en fase leve- moderada,
• Persoas con deterioro cognitivo lixeiro.

 

A QUEN VAI DIRIXIDO
A persoas con demencias neurodexenerativas (enfermidade de Alzhéimer, frontotemporal, cuerpos de Lewy, etc), en fase leve ou moderada, e que conviven coa súa familia. Os grupos son reducidos, nunca superiores a 10 persoas. A través da valoración previa asegurámonos que os grupos son homóxeneos.

QUE SE FAI NAS TERAPIAS
Nesta terapias non farmacolóxicas realízanse actividades de naturaleza reahabilitadora: orientación á realidade, estimulación da memoria recente, da memoria a longo prazo, estimulación da linguaxe, laboraterapia, psicomotricidade, musicoterapia…
Actividades:
1. Orientación á Realidade
Orientación temporal, espacial e persoal
2. Estimulación Cognitiva
Preténdese activar, estimular e empregar determinadas funcións cognitivas (percepción, atención, memoria, linguaxe, funcións executivas, praxe, gnose e cálculo) para transformar as mesmas nunha habilidade, nun hábito e/ou nunha destreza. Faise de forma grupal e individual

3. Estimulación psicomotriz.
Na terceira idade é moi beneficioso realizar a diario sesións que promovan a actividade física. Levánse a cabo programas de xerontoximnasia (taboa de exercicios con pelotas, aros, estimulación facial…) e psicomotricidade ou xogos estimulativos (mímica, globos, canastra, puntaría con diana…