Unha das principais prioridades de AGADEA é traballar na prevención do deterioro cognitivo das persoas maoires. O programa Envellecemento Activo é un dos máis exitoso entre as familias e actualmente lévase a cabo en Santiago, A Estrada, Vedra e Ribeira. Trátase de obradoiros de estimulación cognitiva e de memoria  nos que  se traballa para manter ou incluso recuperar a eficiencia mental e lograr unha  cunha vida persoal e social activa.

Algúns dos contidos que se tratan durante os talleres de envellecemento activo son os seguintes:

  • O envellecemento activo. Cómo envellecer saudablemente.
  • A comunicación nas persoas maiores.
  • Estado afectivo nas persoas maiores.
  • Cambios cognitivos no envellecemento normal

Este proxecto está dirixido a persoas maiores de 60 anos, que non sufran deterioro cognitivo e que estean interesadas en previr a perda de memoria ou outras capacidades intelectuais coma consecuencia do envellecemento.

Debido as restricións polo estado de alarma tamén impartimos este taller online a través da plataforma NeuronUp, dirixida pola psicóloga de AGADEA, Alba Felpete,

Máis información en agadea@agadea.org e 981 595738