Grazas ao Proxecto MULLERES COIDADORAS NA IGUALDADE, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ofrecemos unha serie de accións para Mulleres Coidadoras de persoas dependientes residentes en zonas rurais e en situacion de vulnerabilidade.

Da man do psicólogo Manuel Fco. Rubido levamos a cabo un servizo de apoio mediante a atención das súas necesidades, mellorando a calidade dos coidados, promovendo a igualdade entre homes e mulleres nos coidados, aprendendo a coidarse, facilitando ferramentas de autocoidado, promovendo unha identidade positiva e resiliente, ademais de orientalas laboral e profesionalmente.

Desta forma realízanse sesións psicolóxicas individuais, reunións do grupo de apoio, charlas, mediación familiar e orientación laboral en formato individual e grupal. Neste proxecto tamén participan activamente as profesionais de AGADEA Alba Iglesias e Ana Bernárdez.