CHARLA EN TRAZO. O primeiro taller deste ano terá lugar o día 20 de xaneiro baixo o título: ‘O traballo de ser coidador. Como desenvolver habilidades prácticas’. Está aberto a todo o público e é gratuito. Está organizado por AGADEA e a Escola Galega de Saúde, quen emite certificado de asistencia e conta coa colaboración do Concello Trazo e Concello de Tordoia.

A charla, que será impartida por Ana Díaz, do Grupo Hospitalario de Apoio ao Coidador do CHUS, ten como obxectivo facilitar técnicas de estimulación e capacitar aos oíntes na abordaxe dos coidados.

INSCRICIÓNS en:
📌Escola Galega de Saúde: https://acortar.link/JtpPOI

📌AGADEA: 981 59 57 38 ou 722 74 29 47 ou agadea@agadea.org

📌CONCELLO DE TRAZO: Servizos Sociais. T. 981 68 90 01

📌CONCELLO DE TORDOIA: Sevizos Sociais: 981 69 00 01