O inspector José González Pertega, delegado de participación cidadá da comisaría local de Compostela, impartirá o mércores 9 de novembro a charla 'Consellos de Seguridade para maiores dependentes' no edificio Cabes-Salgueiriños, de Santiago. 
Esta charla, que se enmarca dentro do Plan de Participación Ciudana da Policía Nacional, foi solicitada pola asociación AGADEA, xa que recentemente vivimos a desaparición dunha das súas usuarias no barrio de Conxo e pulsamos unha crecente preocupación entre as familias. 
Precisamente o inspector José González Pertega participou no operativo de procura que deu resultados positivos coa aparición sá e salva da devandita usuaria. 

A desaparición de persoas maiores é un problema que preocupa a toda a sociedade, e a Policía Nacional en particular, e que é necesario previr. Nesta charla aberta a todo o público ofreceranse unha serie de consellos para evitar que as persoas maiores se perdan e está dirixida especialmente aos familiares dos maiores, os coidadores ou persoas que os teñan a cargo. 

Para asistir é necesario inscribirse con nome e apelido no wasap 633 018 389, de AGADEA. 
Ou neste formulario: https://bit.ly/3sHAFif

Máis información en Comunicación t. 633 018 389.