Politica de Calidade
AGADEA, que ven xestionando dende xullo de 2010 o Centro de día de Alzheimer de Ribeira, presenta a Política de Calidade pola que se rixe dito Centro.
Esta política persEgue unha mellora continua nos servizos e programas que se ofrecen dende o Centro, tanto ás persoas usuarias como ás súas familias. Nela basarase o traballo de Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira nos vindeiros anos.
O Centro de Día de Alzheimer de Ribeira acadou no 2013 a CERTIFICACIÓN DE CALIDADE ISO 9001:2008, rexistrada coa seguinte clave: EC-7544/13. ALCANCE: «GESTIÓN INTEGRAL DEL CENTRO DE DÍA PARA EL CUIDADO Y ATENCIÓN DE USUARIOS AFECTADOS POR ALZHEIMER Y OTRAS DEMENCIAS NEURODEGENERATIVAS»
Ademais foi recoñecido, tamén neste ano, como CENTRO DE SERVIZO SANITARIO Nº: C-15-002952.
Neste ano 2015 AGADEA está a traballar para acreditar os Centros Terapéuticos de Santigo de Compostela, así como o servicio de Psicoloxía e programa de formación da Asociación.