Servizo deEstimulación Terapéutica de Vedra

Vedra

Centro Social da III Idade
Rúa do Burgo
15885 Vedra (A Coruña)
T. 693 937 825
agadea@agadea.org
HORARIO
LUNS A VENRES
10.00 A 13.00 horas

A quen van dirixidas?
A persoas que teñen a enfermidade de Alzheimer ou outra demencia en fase leve ou moderada e que conviven coa súa familia.

Que se fai?
• As actividades de estimulación cognitiva céntranse en diversas áreas como: a orientación á realidade, a linguaxe, a memoria, as praxes e o recoñecemento perceptivo.
• A psicomotricidade é a capacidade ou facultade que permite, facilita e potencia o desenvolvemento perceptivo físico, psíquico e social da persoa a través do movemento.
• Estimulación das actividades básiczas da vida diaria
• Programa de animación sociocultural (ludoterapia)
• Programas interxeneracionais.

Obxetivo:
Este programa ten como finalidade proporcionar tratamento non farmacolóxico para enlentecer os síntomas da enfermidade e manter as capacidader funcionáis durante o maior tempo posible, mellorando desta maneira a autonomía e autoestima da persoa usuaria.

Profesionais implicados.
Este programa estivo dirixido polo equipo multidisciplinar:
-Psicólogas
-Educadoras Sociais
-Tasoc
-Terapeutas ocupacionais
-Xerocultoras