Centro Teo

Servizo de Estimulación Terapéutica de Teo

Cacheiras (Teo)

Casa Común de Cacheiras
Travesía de Cacheiras, 38
15883 Teo (A Coruña)
T. 622 374 390
agadea@agadea.org
HORARIO
MARTES A XOVES
16.30 a 19.30 horas

AGADEA, ven realizando no Concello de Santiago de Compostela un Servizo de estimulación terapéutica, en colaboración coa Concellería de Política Social.
Na unidade terapéutica hai unha media anual de 49 persoas usuarias que distribuídas en dúas aulas, dependendo do deterioro cognitivo que presenten.

A quen van dirixidas?
A persoas que teñen a enfermidade de Alzheimer ou outra demencia en fase leve ou moderada e que conviven coa súa familia.

Que se fai?
• As actividades de estimulación cognitiva céntranse en diversas áreas como: a orientación á realidade, a linguaxe, a memoria, as praxes e o recoñecemento perceptivo.
• A psicomotricidade é a capacidade ou facultade que permite, facilita e potencia o desenvolvemento perceptivo físico, psíquico e social da persoa a través do movemento.
• Estimulación das actividades básiczas da vida diaria
• Programa de animación sociocultural (ludoterapia)
• Programas interxeneracionais.

Obxetivo:
Este programa ten como finalidade proporcionar tratamento non farmacolóxico para enlentecer os síntomas da enfermidade e manter as capacidader funcionáis durante o maior tempo posible, mellorando desta maneira a autonomía e autoestima da persoa usuaria.

Profesionais implicados.
Este programa estivo dirixido polo equipo multidisciplinar:
-Psicólogas
-Educadoras Sociais
-Tasoc
-Terapeutas ocupacionais
-Xerocultoras